terça-feira, julho 18, 2006

no Cultura Quente

Un ano máis fun ata Caldas de Reis. Non podía faltar Abrete de Orellas no Cultura Quente, aínda que só fose un día.
Este ano non coincidía con Ortigueira nin con Lalín, e probablemente iso notouse na influencia. Nun principio non son ofertas musicais para o mesmo público, mais cando se trata dun festival gratuito e con bo ambiente, bastante xente deixa a oferta musical nun segundo plano. Evidentemente non é o meu caso. O cartel do sábado era tremendamente atractivo, aínda que houbo decepcións. Por resumir do que vimos, que houbo que beber e papear fóra, dados os altos prezos dentro do recinto, empezamos por MEU, que estiveron tan ben como se esperaba deles. Sen dúbida son un grupo de directo, curtido en centos de batallas e ben aprendidos desa boa formación que dan diferentes proxectos, a escoita dos bos clásicos e acometeren versións destes. A que fixeron de "Psycho Killer" dos Talking Heads un dos momentos do festi.
ROBERT GORDON e CHRIS SPEDDING, a pesar dalgún exceso deste último coa guitarra, confirmaron que sempre presta traer un clásico que aporte o bo facer sobre as táboas para que a novidade ou a suposta última moda ou tendencia non desvíe a atención do que de verdade importa: facer ou recrear boas composicións. O "Someday, Someway" non soou, e un quedou con ganas de escoitala, pero
o "Fire" de Springsteen quedoulles magnífico con ese impresionante vozarrón que o Gordon conserva.
LOS CORONAS prestan máis en distancias máis curtas, pero soan impecables e son un seguro para calquera tipo de festival cos seus instrumentais máis ou menos surfeiros. O "Secret Agent Man" de P.F.Sloan bórdano. Recomendable achegarse a Ferrol para velos (o resto do programa de festas poucos atractivos ten) cos Soul Telleres o 29 de xullo.
Boa posta en escea de HEAVY TRASH, co Jon Spencer á fronte. Soaron ben, pero abusou do palique e algo de monotonía nas composicións. O contrabaixo e os tupés impecables.
O son dos LORI MEYERS estaba saturadísimo e non puideron convencer como fixeran no Playa hai uns meses. O seu bo traballo de pop en castelán herdeiro dos Brincos, por citar o exemplo máis obvio, non gañou novos adeptos.
MANDO DIAO tiñan a espiña da súa decepcionante, por curta e con retraso, actuación no Playa Club e procuraron convencer coa súa indudable enerxía de cancións pop guitarreiras con gancho situadas a medio camiño entre o indie e o mainstream. Empezaron co volume esaxeradamente alto (que puta manía !! ) pero tras dúas ou tres pezas soaron mellor.
Outra banda que pasara pola Coru, os BIG BOSS MAN viron para facer bailar e non lles costou nada. Son outro seguro para público desexoso de menearse, pois o seu híbrido de hammond, rhythm and blues dos 60, soul, latin e funk constitúe unha receita infalible cando está en boas mans.
E o que sería o broche final, a actuación con máis gancho do cartaz, escoitados os comentarios de moit@s asistentes, foi unha decepción. Agás os acérrimos da banda, que todo lles toleran con tal de telos en fronte, ou os bébedos facilmente dominables, o público quedou cunha
notable sensación de decepción. Inocentemente pensabamos que unha hora de revival da primeira formación de LOS ENEMIGOS, a dos tempos do "Ferpectamente", podería ser un bo fin de festa. Mais quedouse nalgo cutre e pouco profesional. Un aprecia demasiado a traxectoria da banda como para quedarse con esta imaxe de mal son, poucos ensaios e improvisación chapucera. Si, humanos, cercanos e simpáticos, pero musicalmente soaron peor do que daquela o facían.
O ano que vén de seguro voltarei a Caldas e confiaremos no plantel de grupos que traian. Hai tempo que gañaron a miña confianza aínda que fóra do musical (desde hai xa varias edicións cunha gran producción e organización) haxa que mellorar o tema da acampada e os prezos abusivos (3 € unha caña). Si, non cobran entrada, pero un apoiaría un bono simbólico (ata 10 € seguiría a ser barato para a calidade xeral dos grupos) e poderíase coidar máis
a zona de acampada e restrinxila para os que de verdade nos achegamos a disfrutar da música. Pero para profundizar nestes temas e suxestións xa está o foro da web do festi: www.culturaquente.com
.

2 Comments:

Blogger Viejotrueno said...

de acuerdo en todo menos en lo de los enemigos...

creo que no lo hablamos.

me explicaré:

la verdad es que escuchando el ferpectamente uno tiene una agradable sensación de cachondeo, espontaneidad y naturalidad acojonantes...

y de imperfección, por lo mismo.

dado esto yo personalmente no me esperaba una actuación superprofesional como la última formación enemiga, sino la reunión de tres colegas...
como una jam en privado, vamos, aunque fuera tocando para el mogollón de caldas.

claro, habría sido cojonudo que el sonido fuese bueno, y que artemio no tocase la batera como una vieja (poco más), pero la verdad es que yo personalmente me encontré con esa sensación un tanto amateur del rocanrol que suena todavía en ferpectamente.

y prefiero eso al agarrotamiento de heavy trash, por ejemplo.

bueno, perdona el rollo y tal...

talueegoo

10:12 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

досить цікава сторінка. Нажаль, я не розумію іспанської

2:42 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home