Festival A Todo Filispín: mera coincidencia ?
Por terceiro verán consecutivo, e dentro do pobre programa de festas de verán de Ferrol, celébrase un festival chamado A Todo Filispín.
Un servidor, coma membro fundador do colectivo Opaíí!!-Rádio FilispiM non pode quedar calado ante o cartaz deste ano. Xa non pola denominación do mesmo, que tras tres edicións non sería necesario voltar insistir en que o mencionado colectivo nada ten que ver coa organización deste festival.
Mais se non chegaba co nome, no cartaz deste ano empréganse o xogo do cores habitual do colectivo (vermello, negro e branco) e unha imaxe que lembra a outro local referente da movida nocturna non pachanguera da devaluada cidade departamental. Concretamente o Maltés.
En fin, que cadaquén pense o que queira, mais tanta coincidencia en troques da diferenciación resúltame, alomenos, sospeitosa. Publicidade subliminal ?
Ah, e como se houbera moita oferta de concertos nestas datas, vai e coincide co festival da Terra e da Lingua da Fundaçom Artábria. Luita en troques de suma aínda que, en xeral, non sexan "para os mesmos gustos". A pesar de Los Coronas e Soul Tellers, eu estarei co colectivo da miña bisbarra.

0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home