Noroeste Pop-Rock 2006 en Riazor
O xoves The Sunday Drivers triunfaron coma banda "teloneira" e voltaron amosar que están tremendamente curtidos en directos, non só pola Península senón por Europa adiante, a pesar de contaren só con dous álbumes. Iso si, moi aproveitables. Os que non os coñecían a estes toledanos decatáronse de que se estiveran a perder unha estupenda formación de pop rock clásico, e os que xa disfrutaramos deles anteriormente puidemos, por fin, escoitar novas cancións, no seu estilo clásico de composicións moi ben traballadas. O seu bo traballo merecería moito máis recoñecemento, pero o panorama está como está. O nome principal do cartaz desta edición era Paul Weller (para os despistados ex-The Jam, ex-The Style Council e xa cunha máis que consolidada e respetable carreira en solitario), que estivo tremendamente enerxético, entusiasta, magnífico de voz. Soou case perfectamente (a súa guitarra e a de Steve Cradock non escatimaron en entrega e forza, o que en ocasións linda cos acoples) e, por ende, convenceu a fieis e familiarizados (aquí inclúome). Mais non foi un concerto para gañar a público pouco esixente ou totalmente descoñecedor deste artista xa clásico do pop-rock británico. Temas do seu recente "As Is Now" coma "Fly Little Bird", "Come On Let´s Go" ou "I Wanna Make It Alright" confirmaron que está en boa forma e segue a asinar boas cancións que non desentoan entre clásicos da súa carreira como "You Do Something To Me", "Broken Stones", "Wild Wood", "Above The Clouds", "Peacock Suit"... ou o único bis (tras maís de hora e media) "Town Called Malice", única peza dos Jam xunto cunha boa recreación do "In The Crowd". Estupenda banda, profesionalidade e enerxía en moi poucas ocasións mal aproveitada (nalgún momento perdeuse nas variacións sobre algún tema, aínda que a fusión de "The Changing Man" e "The Whirlpool´s End", se non lembro mal, atinou con creces).
O venres, aínda que bastante xente se preguntaba por qué non cumpría ese labor La Cabra Mecánica, abriu atinadamente Ariel Rot. E digo atinadamente porque dubido que, aínda coa luz do día e pouca xente preto do cenario, a nova banda do Lichis fora quen de atrapar desde a primeira canción. O señor Rot estivo, unha vez máis, magnífico. É todo un seguro: son exquisito, carisma e o que é principal: un repertorio que engancha o público xa sexa un rocanrol, unha balada ou un swing, "Hoja de ruta", "Milonga del marinero y el capitán", "Lo siento, Frank", "Dulce condena", "Ahora piden tu cabeza", "Vicios caros", "Hace calor", "Confesiones de un comedor de pizza", "Quiero besarte"..irresistible; e é que ata puidemos ollar como o mesmo Lichis disfrutaba da actuación nun lado do escenario agardando o seu turno.
Quedaba o llstón moi alto tras esa hora e cuarto e só os máis atrevidos envexarían afrontar a tarefa de actuar tras a exhibición de Ariel Rot. Así, a La cabra mecánica costoulle, a pesar do desparpaxo de Lichis e do álbum que viña presentar: "Hotel Lichis". Deste recomendable e variado disco interpretou 8 cancións con tanto gancho como "Ay, poetas", "El malo de la película", "Gracias por nada" ou "La uña de la rumba", pero trátase dunha colección que non goza do beneplácito das radiofórmulas (xa sabemos do declarado malestar de Lichis tras "No me llames iluso" con eses Los... que están de aniversario ). E se lle engadimos 2 guitarras algo altas que non deixaban apreciar as sempre destacables letras de Lichis, a cousa tiña que empezar frouxa. Pero a segunda metade do concerto, cun Lichis máis solto (tocar o baixo córtalle de exercer máis de frontman), algún que outro divertido comentario e a aparición das irresistibles xoias de "Vestidos de Domingo": "Todo a cien", "La lista de la compra", "Felicidad", "Todo a cien" ou "La maceta" conseguiu que ao final remataramos cantando, bailando e desexando que Lichis teña a oportunidade de consolidar unha banda de acompañamento que plasme en directo o seu destacable talento compositivo. Ah, todo un detalle abrir e pechar co "Always Look On The Bright Side Of Life" dos Monty Python.
Los Ronaldos exerceron de estrelas da noite. Racharon coa ata entón puntualidade do programa e tardaron en sair, xusto tras picar o significativo "Tumbling Dice" dos Stones polos altofalantes, pero desplegaron con forza e entrega as súas irresistibles "Sabor salado", "Me gustan las cerezas", "Adiós, papá", "Por las noches", "Árboles cruzados", "Guárdalo", "Si, si", "Qué vamos a hacer", etc.etc. En definitiva, calquera do álbum debut é un acerto e, progresivamente cada vez menos dos seguintes, pero non é momento de analizar a súa discografía. Moito rocanrol: Coque luciuse de frontman, Luis Martín exhibiuse á guitarra e o público rendido, faltaba máis, aínda que a un servidor convencérono máis hai ano e medio aproximadamente na súa actuación no PlayaClub, dentro da súa mini xira de regreso. Un apuntamento: o tema novo "El león" lembroume demasiado, pero demasiado, ao "Live With Me" dos Stones.
O emprazamento estupendo, un cartaz ben destacable (a pesar de que o mércores a presencia de El Koala e Mojinos Escozíos afastoume de voltar ver aos Burning de Johnny), os horarios cumpríndose correctamente e un son correcto pois o volume chega ata ben lonxe sen saturar ás primeiras ringleiras de xente.
Entre público, en xeral educado, sempre hai @s típic@s borrach@s impertinentes e @s despistad@s que molestan coa súa incontinencia verbal, pero que necesitan achegarse onde hai xente aínda que non lles interese o concerto de turno. Moito botellón e descontrolada euforia, pero así che son os festivais gratuitos.

0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home