Las Malas Lenguas en Sada: triunfar a pesar do morao
Na praza do paseo marítimo de Sada o luns véspera de festivo estiveron, e convenceron, Los Hermanos Auserón coa súa xira "Las malas lenguas". A banda soou compacta, magnífica (destacando especialmente Diego García na guitarra e Javier Mora nas teclas) e Santiago demostrou estar en forma na voz, no bailoteo e na interrelación co público, a pesar de que o alcol ía quentándoo cara o final do concerto.
Completaron dúas horas de homenaxe aos clásicos interpretando, ademais de tódalas versións editadas no álbum, o instrumental "SoulFinger" dos Bar Kays, "Street Fighting Men" (Stones), "Come Together" (Beatles), "By This River" (de Brian Eno, do mellor da noite), "Fire" (Hendrix), "Heart of Gold" (Neil Young), "Roadhouse Blues" (The Doors) e "Heart Full of Soul" (The Yardbirds, via Lone Star). Con respecto ao seu concerto do verán pasado en Riazor, non soou o "Search and Destroy" de Iggy Pop & The Stooges.
Los bises tiñan que ser cancións de Radio Futura: as magníficas "Annabel Lee", "El canto del gallo" e o gran broche con "Escuela de Calor". Nesta recta final a estupenda voz de Santiago Auserón xa non ía acompañada por unha boa dicción das letras (que chegou a estragar) e si de bailoteos e acenos por momentos bastante calentorros (amosounos o seu traseiro un par de veces, aínda que sen quitar o gaiumbo) e unha caida. Previsible esta en vista do morado que levaba e o bailoteo presente durante todo o concerto.
Recomendo ler os comentarios sobre as versións-recreacións para a revista EfeEme.

0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home