Felipop 2006: Señor Mostaza triunfan e Paul Collins cumpre coas expectativas
No aperitivo do xoves en Casa Ardá, Niño y Pistola gañáronse público novo e confirmaron con creces as expectativas espertadas polo seu debú, pero a proposta máis melancólica dos Burgas Beat non superou a conversación do público que se reencontra nesta cita estival.
No atractivo venres, Annie Hall tiveron a difícil tarefa de abrir e resultaron "nin fú nin fá", mais apuntaron maneiras que intúo hanse plasmar en boas cancións. Señor Mostaza sinxelamante arrasaron, co pianista, vocalista e compositor Luis Prado á fronte. As magníficas cancións que xa disfrutaramos no disco víronse correspondidas dun magnífico e impecable son. O proprio Luis comentoume que levan poucos concertos "grandes" e querían asegurar levando técnico proprio, neste caso un habitual dos M Clan, banda que en directo soa magnífica. Por resumir vínculos, mencionar que Luis participara na gravación do estupendo "Sin enchufe" da mencionada banda e que o productor de "Mundo interior" é Carlos Raya, o ex-Sangre Azul que desde hai uns anos é guitarra nesa banda e fai destacables traballos de producción, como para Quique González.). Que traca final coa versión de "Waterloo" !
A anécdota desta edición foi, sen dúbida, Litto Nebbia. Nun principio partía coma esa delicatessen, unha desas oportunidades únicas que adoita programar o Felipop, pero quedouse en espantada. Só con acústica fronte ao máis que murmullo do público, tras catro cancións marchou (sen que a maioría se enterara de que aparecera e encomezara a tocar) agradecendo o tratamento da organización. Xustificouse brevemente dicindo que nin se escoitaba ben nin era o sitio máis axeitado para a súa proposta. Ectoplasma o venres e Rumor !!! o sábado merecían mellor son, pero amosaron formacións solventes e curtidas e o máis importante: cancións realmente boas que gañaban a atención do público.
Bang 74 cumpriron abrindo un sábado máis cañeiro e amosaron que cada concerto van a máis.
Paul Collins Band era o outro gran atractivo da xornada e cumpriu con creces. Entrega, son magnífico, grandes cancións de power pop e algún medio tempo deses "de escola"...Con dicir que el quere repetir resúmese case todo. O público encantado.
Por mor do seu bo concerto do pasado verán, Fortune Tellers repetían como estupenda banda de directo, partindo da súa proposta mod que desta vez resultoume aínda máis bailable. Airbag pecharon o sábado facendo un correcto concerto de punk rock para os seus fans. Tamén o que se agardaba: non defraudaron mais tampouco gañaron novos adeptos. Ante unha proposta musical tan repetitiva, bótase en falla escoitar mellor as letras, bastante divertidas, polo que din.
Mención aparte merece a sesión vermú do sábado ao mediodía. Este ano apostouse por traer unha orquestra recentemente recuperada da zona. Los Zares, coa súa magnífica selección de grandes éxitos 60s-70s (Lone Star, Los Bravos, Los Brincos, Andrés do Barro, Beatles, Stones...todo en castelán, como cumpría na época!! ) convenceron a tódolos públicos e de seguro fan máis agradables moitas festas e romarías invadidas por formacións que interpretan cancións de tan dubidosa calidade como a esixencia do público en xeral. A miña nai non podía achegarse ao Felipop nun momento máis axeitado.
Sen dúbida non fallaremos o ano que vén. Habrá mellores ou peores concertos, mais a verdadeira esencia do festival estará aí, allgo que non se pode comprar. Iso é o bonito e a melodía o importante.
Máis xente opinou no fotoblog do felipop

0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home