sábado, outubro 28, 2006

A elegancia de Mafalda Arnauth no Jofre


O Teatro Jofre de Ferrol tivo o privilexio de albergar a única actuación en Galicia da portuguesa Mafalda Arnauth. A súa elegancia e cercanía, sumadas ao gran manexo dunha fermosa voz e o arroupo dun máis que competente acompañamento acústico fixo que os 75 minutos de actuación souberan a pouco.
Como era de prever, alternou cancións do seu "Diário" con algunha versión, pechando incluso cunha lembranza da gran dama do fado Amália Rodrigues, a maior
referente, como sinalou Mafalda, pero de diferentes "usos", pois ao igual que Mariza, por citarmos outro exemplo, moitas fadistas actuais non negan esa influencia mais procuran a personalidade e unha certa diferenciación que afesta xa esas tópicas comparacións.
Pero máis ou menos clásicos, e agradando tanto a nov@s como a maiores alí presentes, alí disfrutamos de moitos fermosos momentos. A que ela calificou coma "oración" "Para María" e outras composicións propias coma "Audácia", "Por onde me levar o vento", "A milonga do chiado" e incluso a guitarrada que o seu trío acompañante
(guitarra portuguesa, baixo acústico e guitarra clásica) se marcou e que ela aproveitou para cambiar de traxe.
Un deses pequenos luxos que de cando en vez teñen que caer por este fermoso teatro.
Outro luxo é contar cunha foto de Jorge Meis

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Actualiza :P

7:04 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home