mini pinchada na primeira festa do ano
O de pinchar en fin de ano remóntase moi atrás no tempo, coas primeiras e sempre exitosas festas que argallaba coa miña pandilla de entón (Choni, Scottie, Muras, Gomi, Espi, Manzano, o lembrado Manolo Ouro, compañeiros baloncestistas..). Chegamos a meter case 200 persoas no pub El Otro, que nos acolleu en varias ocasións. Daquela o proceso era preparar unha selección previa e gravala en K7s na casa, agardando que coincidira o estado de "excitación" d@s asistentes co in crescendo das cancións. Xa sabedes, estas para primeira hora, estas cando xa se empeza a rachar o xeo, estas de desfase, ... Toda unha ciencia de cálculo.
A segunda etapa foi o meu debut no Dadá Circus invitado polo daquela pincha Suso Suciedade, que non aparecería ata as 5 ou 6, coa festa ben avanzada. Levei un maletín cheo de CDs, deixamos ben claro que se pode montar unha boa sen caer no cutre e Álvaro ofreceume quedar no pub coma o que chaman "DJ residente". Así foi, poñendo taén copas, máis de medio ano, ata que me reclutaron Gabi e Ernesto coincidindo coa apertura do Ghetto e para substituir as ausencias de Edu "Fuckink Brother" Hermida. O pub estaba no seu mellor momento e foi unha xolda tremenda, ambientada por Edu e eu turnándonos na cabina. Gran noite !
Nos dous anos seguintes coincidíu que estaba a traballar bastante por esas datas e non pinchei, mais a semana pasada aceptei encantado a invitación de Melo (guitarra de Misquious e vello compañeiro de anos de ensino obrigatorio) para a festa no seu "centro de operacións". Esa tarde do 31 fixen unha rápida pescuda pola miña discoteca, metina nun par de Cds e lembrei non tan vellos tempos cunha horiña de música bailable-festeira sen esquecer esa calidade da que o selecto público era merecedor. Para os que preguntaron por algunha e os curiosos, aquí vai a lista desordenada, da que algunha se me escapará. E un saúdo para o que me pediu os Flaming Lips, dos que gosta moito, pero non os levaba :
The Hollies ("Long Cool Woman"), The Artic Monkeys ("Fake Tales of San Francisco"), Morcheeba ("Be Yourself"), La Lupe "Fevr"), The Doors ("You Make Me Real"), Radio 4 ("Dance to the Underground"), The Detroit Cobras ("Cha Cha Twist"), Los Bravos ("Bring a Little Lovin´"), Moby ("Honey"), Los Yakis ("Juan Saltarín"), Miguel Ángel y los Sharps ("Gloria"), The Stone Roses ("She Bangs the Drums"), Dexys Midnight Runners ("Come On Eileen"), Pretenders ("Middle of the Road"), Flechazos ("Si tú te vas"), Attaque 77 ("¿Por qué te vas?"), Banda espuela de oro ("Dame el power"), The Coral ("Dreaming of You"), The Stooges ("No Fun"), The Jam ("Heatwave") ...
Para ilustrar, colgo o vídeo dunha delas.
Non sei se neste 2007 retomarei o de facer pinchadas por pasalo ben compartindo música, facendo colegas (e algún inimigo, supoño) e pagando os gastos. Como mínimo.
O primeiro vai ser aceptar a invitación de Artábria para o venres 12. A selección non se parecerá moito a que vides de ler, pero... penso que valerá a pena.

4 Comments:
vaia decorado paranoico tem esse vídeo!!
Deverias ter um Podcast em podomatic.com para subir os temas, sessons.. nom é demasiado conhecido por aqui, mas sempre há quem pendura cousas interessantes.
Pensareino, mais non teño moita música no PC, que polo de agora está na casa da familia. Cando me poda permitir ter conexión no meu piso, perto dos meus CDs e vinilos...O vídeo non é moi alá, pero a canción é realmente contaxiosa. Estes rapaciños ingleses teñen bastante máis culturiña musical que os destes lares...
o melhor é a parte em que os ataca o ursinho
ben, non mencionei o Manchita Cosa, onde estiven os xoves durante unha boa tempada no 2005, tras deixar o Ghetto. Pinchadas "temáticas", simulacro de radio en directo cocolega Koordinator...pero na web hai máis ao respecto.
Enviar um comentário
<< Home