Adriana Calcanhotto + vaia dous
Na súa participación no ciclo Sons da Diversidade no Auditorio de Galicia, a Calcanhotto fíxose acompañar do Moreno Veloso e Domenico. Xuntábanse así tres artistas coñecedores da tradición, destacados compositores, ben abertos de orellas e bastante escasos de prexuízos á hora de enriquecer a xa de seu ampla riqueza musical do Brasil.
Non faltou dende logo a variedade na hora e media cos agardados temas da Calcanhotto ("Embora", "Assim som eu sem voçé"...), e as destacadas aportacións do Moreno Veloso (o "Para Xó" e o impresionante "Rio Longe" daquel rompedor álbum "Music Typewriter") e do Domenico, faltaba máis. Mais as maiores sorpresas foron as recreacións do "Music" de Madonna, "Resistiré" do Dúo Dinámico e "Tive raçom" de Seu Jorge que non deixaron indeferente á xa entregada audiencia que ateigaba o recinto.
Fermosas voces, violonchelo, guitarras acústicas, instrumentos de xoguete, percusións, detalles electrónicos, pandeiretas ... e ata mordiscos de mazá enriquecían as cancións escollidas por tres artistas que non por aportar e innovar se arredan da accesibilidade.

0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home