domingo, maio 20, 2007

G - L - O - R - I - A

S U B L I M E


Así é como a VAN MORRISON ORCHESTRA estivo onte no Multiusos do Sar.

En noventa minutos exactos de pura MÚSICA, moi americana iso si, alternaron sen pausa temas editados nos últimos anos ("Magic Time", "This Has Got to Stop", "Playhouse", "Stranded",...), versións de clásicos alleos coma "That´s Life", "I Can´t Stop Lovin´You" ou "Big Blue Diamonds", revisións de hits propios ("Days Like This", unha "Have I Told You Lately That I Love You?" menos balada e máis medio tempo, "Precious Time", "Bright Side of the Road") e a traca final dunhas "Brown-eyed Girl" e "Gloria" que terminaron de pór en pé a un público que non puido saír máis que abrumado pola maxia musical desprendida por un grande.


Non podo agachar que é un dos meus artistas favoritos, mais pola súa música, que é do que me interesa falar. Porén quero referirme ao meu desacordo coas chorradas publicadas por eses "plumillas" que semellan centrarse só no anecdótico: que se pediu un espazo sen fume, unha dieta axeitada, nada de alcol na súa neveira, voa nun charter, non se dirixe ao público... bla, bla, bla. Serán a mesma xente que dicía que Morrison ía traer un repertorio baseado nunha recente compilación chamada "At The Movies", na que o artista seguramente non tivo nada que ver. Que pouco semellan coñecer aos artistas que pasan do concerto "repaso de clásicos" porque seguen a editar material de calidade. En fin, "Keep Mediocrity At Bay".


Protagonizando un son máis que correcto, alí no escenario estaba un tipo baixiño, rechoncho e con sombreiro, magnífico na voz, harmónica e saxo liderando unha decea de instrumentistas. Todos e todas cos seus momentos de lucimento, especialmente nuns solos (violín, steel guitar, guitarra eléctrica, coros, teclados ...) que chegaron a arrincar moitos aplausos espontáneos. Sen acenos para a galería ou gañarse o público máis aló do musical, Van Morrison deu as grazas en castelán un par de veces e pediu aplausos para unha banda que estivo tamén impecable e por momentos brillante. Para quen queriamos música o concerto resultou brillante. Quen procuraba algo máis falará de decepción.

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Dejemonos de cuentos y hagamos la gran pregunta:

¿Mejor que en Salamanca?

(Sí, soy yo)

5:39 da manhã  
Blogger ábrete de orellas said...

pois igual ou mellor que en Salamanca. Coido que desta vez a banda era mellor.

6:21 da tarde  
Blogger . said...

El "Have I Told You Lately That I Love You?" la toca de varias formas el jodío. ¿Hubo algún arreglo distinto?

un saludo pepe

5:12 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home