e Quique cruzou vidas no Colón
Unha vez máis Quique González se achegaba a Coruña con novo disco baixo o brazo e visita tras visita imos constatando que o seu poder de convocatoria crece á par có seu prestixio.
E a cousa semella que ten lonxe o teito porque aínda eramos minoría @s afecccionad@s asiduos a concertos que recoñecemos nel un grande aprendiz español da escola dos Dylan, Young, Petty, Wilco ou Ryan Adams. Sexa por prexuizos, falla de curiosidade ou despite, quedan melómanos por achegarse a este segredo a voces. Outro grupo podería ser o desa xente fiel para coa etiqueta tan discutible de cantautor. Mais quizais o grupo máis numeroso era o do "pijerío", o desa xente en su maioría nova que vai e vén coas modas e da que prefires non saber entre que outros teñen gardados os discos de Quique (se é que compran discos). Espero aprendesen da lección de actitude rock que alí vivimos en moitos momentos do concerto. Mais a experiencia recomenda lembrar aquelo de que o rock sempre estará aí, sexa o público maior ou menor.
Deixemos xa o contexto pois afortunadamente desde as 20:40 as cousas quedarían pronto claras: un compacto son de rock de banda, a mesma que gravou o último disco. Pero é que ademais dos baixo, batería, guitarras acústica e eléctrica, un teclado estupendamente decorado, como se fose a parte dianteira dun verdadeiro Ford Capri, faros incluídos ... o escenario recordaba a unha grande aínda que acolledora sala de estar con alfombra, percha e lámpada de pé, instrumentos, micros, amplis... e dos músicos saía unha gran dose de intensidade, familiaridade e entrega desde que abriron pouco a pouco cunha canción do primeiro disco "Los conserjes de noche", nunha especie de chisco á afección máis vella. A voz de Quique semellaba tocada, mais iría quecendo cos temas do último "Hay partida", "La vida te lleva por caminos raros". Particularmente en "La cajita de música", semellaba que non lle daba a voz, pero o seu esforzo paliou a situación arroupado por unha exquisita dun dos destacados da noite, Javi Pedreira. Como xa notamos no disco, sen dúbida feito para soar en directo, Quique de un tempo a esta parte está a traballar máis intensamente as posibilidades da súa voz.
Sen perder un ápice de intensidade, ora nos temas máis potentes ora nos máis delicados, alternaron o máis recente con repertorio anterior. Así seguiron "Se equivocaban contigo", "Los backliners", "Kid Chocolate", "Lady Drama", "Días que se escapan", "La casa está vacía" que soou atronadora co Javi Pedreira de nvo brillando brillando. "Avería y redención", "Suave es la noche", de novo suavidade con "Polvo en el aire", unha aclamada "Me agarraste", a tamén favorita "Bajo la lluvia", de novo rock con "Las gafas de Mike" e o gran final da primeira parte con "Miss camiseta mojada".
O público xa estaba máis que entregado con máis de hora e media que pasara voando mais xa agardaba os bises, que comenzaron con "Palomas en la quinta", cun cercanísimo Quique so coa acústica, tras peticións dun público que xa había tempo que non podía estar calado, a primeira tanda de bises. A continuación, historia incluída, a canción máis frouxa, e quizais a única, da noite "Grupies eléctricas" (incluída no DVD, non no álbum) ao piano. Entón de novo banda para "Los desperfectos", "Número 7" e a mítica canción que dera a coñocer o Enrique Urquijo. "Aunque tú no lo sepas".
E tiña que haber segunda saída, de novo en solitario e atentendo a unha petición afortunada por pouco previsible:"Deportado". Seguiu o recollemento con "Doble fila", voltou o rock and roll con "Pequeñas monedas y grandes mentiras" e outra das xoias do seu cancioneiro: "Salitre".
Tras minutos de ovación en pé, coa banda saudando, as luces acesas e vendido por un guitarra que non desenchufou ante a ovación, a banda propúxome título a esas máis de dúas horas de convivencia dun heteroxéneo personal: "Vidas cruzadas". Magnífico colofón para un concerto nun teatro cuxo son volveu ser magnificamente aproveitado por un artista en estado de graza.
Hai músicos que chegan ao éxito sen agardar o pelotazo, a moda ou a casualidade, corredores de fondo que aprenden dos maestros e na estrada. Un deles é o Quique González, cada vez máis seguro, convencido e relaxado pola seguridade e convencimento que dá o traballo ben feito.

Pepe Cunha 17/12/07
foto de Belén (o baloncestista Asier García acompañou nun tema)
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home