Steve Wynn and the Dragon Bridge Orchestra na sala Mondo, Vigo. 5-febr-09
Tratábase dunha ocasión excepcional. Se xa o seu último disco espertara unánimes opinións positivas, nesta xira por cinco cidades españolas Steve Wynn acompañouse dunha formación especial para a ocasión: a Dragon Bridge Orchestra. É de xustiza repasar a formación que ía plasmar no directo as brillantes novas composicións e algún clásico da súa ampla carreira: o violinista Josh Hillman, Erik Van Loo no baixo e contrabaixo, Linda Pitmon na batería, e o ex-Green On Red Chris Cacavas nas teclas e nunha segunda guitarra.
A noite era tremendamente desapacible e a ida e volta a Vigo en semana laboral animaba a ficar na casa, mais deseguido sentimos que o esforzo pagaría a pena. Ás 11, unha hora por riba do horario previsto, e ante unhas 200 persoas nunha cómoda sala Mondo, abriron coa “Slovenian Rhapsody” e seguiron repasando as intensas pezas do rico “Crossing Dragon Bridge”. A cotío, as novas cancións son unha excusa para saír de xira e vanse inxertando entre temas máis recoñecibles. Mais neste caso, a variedade estilística e a alta calidade do novo disco case converte nunha anécdota, nun plus, os clásicos de Dream Syndicate.
Non era necesario ser un seguidor desa banda, que os había, senón deixarse levar pola profesionalidade e honestidade dun deses songwriters que creceron desde a escena underground. Steve Wynn non vive de rendas, non necesita tirar de pezas da banda que o deu a coñecer, e mesmo o público recibe cancións como “Medicine Show” ou “That´s What You Always Say” sen présa, como a guinda dunha saborosa tarta cuxos ingredientes principais son os temas recentes. “God Doesn’t Like It”, “Manhattan Fault Line”, “Love Me Anyway”, “Punching Holes in the Sky”, "Bring The Magic" brillan de seu. Iso si, no apartado bises endureceu o son con moita enerxía e clase para completar 100 minutos de concerto: "Amphetamine", "Carolyn", "Annie and Me" e o "Human Fly" dos Cramps e un “Viva Lux Interior!” coma derradeira frase desde o escenario.
Un gran tipo o Steve Wynn, todo un poeta do rock. Accesible, agradecido, educado, sorrinte, elegante, atento con tódos os membros da súa banda, que baixa a tocar entre o público sen recorrer a poses. Formidable concerto, vibrante, intenso, coa única mágoa de que o violín non tivese máis presenza. Recomendo visitar o seu diario na web. Non é un estadounidense ao uso.
http://www.stevewynn.net.
Pepe Cunha 8-feb-09

Etiquetas: steve wynn sala mondo abretedeorellas dragon bridge
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home