Roger de Flor: o encanto do amateurismo profesional
Unha conversa con Rogelio Arias pon a proba a miña xa feble capacidade de síntese. Non se trata dun falangueiro compulsivo, mais a folla do meu caderno teima en lembrarme unha manchea de cuestións e temas. Coincidimos na querencia por algúns artistas e estilos, atopámonos en diversos locais e concertos, veño de escoitar as cancións do seu novo disco e seguín a súa traxectoria máis recente. Así, a conversa discorre áxil e abonda a cantidade de información que quixese compartirlles, mais paga a pena conterse e achegar un artigo que sirva de cumprida presentación deste trobador pop.
Rogelio debutou en plano amateur subindo ao escenario nesas sesións abertas da sesión vermú do festival Felipop. Tempo despois, foi curtíndose en proxectos como La sociedad protectora del hombre mono e Bang 74, por citar os máis coñecidos. No primeiro xuntábase con Cristóbal Veiga para versionaren principalmente cancións de The Kinks e na segunda banda, co mesmo colega e os irmáns Millarengo na sección rítmica, electrificábanse para ofreceren xa algún tema propio e boas versións de power pop da época new wave. Bang 74 abriron unha das xornadas do Felipop 2006 e na actualidade seguen en activo, xa sen Rogelio.
Para explicar a orixe do seu proxecto actual, confésase devoto das cancións que interpretaban Frank Sinatra ou Dean Martin, das composicións de Cole Porter ou Burt Bacharach, outras pezas moi vencelladas ao cinema e, obviamente, ás dese recoñocido cronista que é Ray Davies (The Kinks). Dun xeito natural foise animando a interpretar versións coa súa guitarra e, con aquelas referencias como manual, comezou a escreber cancións. Estas ían acumulándose cando unha actuación in extremis, ”sustituíndo ao arxentino Litto Nebbia na Casa Ardá” (sempre Limodre e o contorno do Felipop), espertou a curiosidade de Serguei, membro de Los Cosmonautas e Los Huéspedes Felices. Xuntos comezaron a tocar e tiraron de cadansúa axenda de contactos para conseguir non só bolos, senón tamén músicos dispostos a gravar unha primeira maqueta.
A súa proposta coincide no tempo cunha época prolífica en artistas etiquetados coma crooner pop, así que a cuestión sobre o oportunismo é obrigada. Recoñece saber de Adam Green, Bart Davenport ou o español Jonston, pero sinala que non lle influíron “pois xa me viña de antes, con Jonathan Richman, por exemplo.”
Ao tempo necesitaba un nome, que un dos protagonistas da canción “Os dous amigos” lle facilitaría: Roger de Flor, un soldado siciliano aventureiro cuxa vida seica inspirou a personaxe literaria de Tirant Le Blanc. “O nome soaba ben, poético, como de trobador, e ademais ten a súa retranca coller o nome dun tipo sanguinario para cantar as miñas letras. Non sabía del, mais xa me fun informando para poder respostar nas entrevistas.”
Os discos
No 2006, armado de moitas ganas, abondos contactos e poucas presións, foi conseguindo a colaboración de destacados músicos locais que entenderon e enriqueceron as súas cancións no estudio. A comezos do ano seguinte e no Pub Carteles de Ferrol, presentou “Canciones de amor y retranca”, a gravación resultante. A boa aceptación deste compacto facilitoulle pasear as súas cancións durante meses polo país ao tempo que xa pensaba en gravar temas novos. Por certo, “Canciones...” pode ser descargada de balde en www.aregueifa.net.
Arestora está a presentar “Naturalidad silvestre”, un álbum totalmente enchoupado do seu contorno ferrolán: concebido, gravado, producido e masterizado co apoio de amigos, músicos e outros artistas da comarca. De feito, a edición ve a luz da man de Felipop Discos e o compacto tamén inclúe os videoclips “Una desconocida más”, “Cuanto hay que aguantar” e “Os dous amigos”, realizados e producidos polos “ferrolterráns” Carlos Alberto Alonso e Rubén Coca. Mesmo o nome do cedé corresponde a unha frase que nun artigo lle adicaba outro xornalista ferrolán.
A evolución con respecto da liña iniciada con “Canciones de amor y retranca” radica nun traballo máis coidado e profesional, con máis confianza. Porén, non deixa de cheirar a esa calma que impón a gravación modesta, realizable con moito cariño, sen grandes medios económicos e cando os ocos das axendas permiten ensaiar e gravar. O plus de calidade musical chega da man duns músicos tan salientables como Cabe García ás guitarras, Fran Rey ao piano ou Luis Cuba ao baixo. Asemade, moitos colegas participan nuns coros presentes dende o primeiro segundo do disco. Serguei Izmailov, compañeiro de concertos e batería, asina tamén un tema que encaixa ben no espírito do álbum: a historia de “Michell, el vagabundo” sobre a melodía de “Tous les garçons et les filles”. “Días monótonos” abre e pecha, neste caso na súa versión instrumental, media hora de ritmos recoñecibles e tarareables (swing, pop, cabaret, balada…). Tece os seus textos coa análise dos detalles cotiáns e as situacións e vivencias próximas, sempre cun aceno naif que facilita unha tendencia aos tópicos máis habitual do desexable. Entre as pezas máis atinadas, “Cuánto hay que aguantar”, “El dueño de aquel bar”, “Quiero una casita”, “Ya no la quiero” ou “Os dous amigos”, unha das cancións máis celebradas da última edición do Apologhit, ese concurso que procura o hit galego do verán. Sobre a repercusión desta última opina: “Gústame como soa o galego nas cancións, mais as composicións teñen que saír naturais, non forzadas. Teño versión en galego dalgunha canción do álbum e se me sae unha letra dun xeito natural, estupendo.”
Desde aquí espero que a súa singularidade se vaia enriquecendo con algunha peza máis en galego e na inspiración de artistas coma Javier Krahe, Julio Bustamante ou Sergio Makaroff. Non debería conformarse con saírse do habitual, senón profesionalizar máis o seu encanto amateur.
A presentación
Nestas primeiras datas de presentación do novo disco está a contar cos magníficos músicos da gravación, mais as formacións dependerán da disponiblidade daqueles e dos diversos lugares onde contraten as súas actuacións. Até o de agora a formación de Roge á guitarra e Serguei á batería de escobillas funcionou “en lugares onde dubidabamos que pudiésemos encaixar.” Como testemuña, podo engadir que a atinada combinación de versións de clásicos e temas propios axúdalle a acadar unha atmosfera agradable e cómplice. Quedan avisados.
Hoxe 3 de xaneiro segundo concerto de presentación con banda: Casa Ardá, Limodre, Fene. 22:30 h.
http://www.myspace.com/rogerdeflor

Etiquetas: roger de flor abretedorellas naturalidad silvestre
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home