sólo quiero conocerte y pasármelo bien - Ariel Rot no Teatro Jofre 31-05-08
Aínda que viña en plan recollido ou acústico, acorde co recinto, o mesmo protagonista comentaba que non era moi normal "un concerto de rock and roll ás 8 e media da tarde e nun teatro". Ou sexa, que habería rock and roll, blues, swing, milonga e demais por moito que houbera formato de baixo, batería, teclado e guitarra acústica. Porque o rock é unha cuestión de actitude e este artista ten para dar e tomar. O arxentino toca magnificamente, soubo madurar, non anda precisamente carente de carisma e o importante: ten un bo feixe de cancións, aínda que moit@s se quedasen en Tequila e Los Rodríguez. Si, ese público despistado, estancado, seica pouco acostumado a concertos en teatro e ao que tanto lle custa combinar silencios e participación.
Aquí vai a listaxe de cancións, que brillaron todas a gran altura neste formato máis cercano. "Lo siento, Frank", "Hasta perder la cuenta", "Ahora piden tu cabeza", "Dos de corazones", "El mundo de ayer", "Hoja de ruta", "Adiós, carnaval", "Confesiones de un comedor de pizza", "Geishas en Madrid","Milonga del marinero y el capitán", "Cenizas en el aire", unha bluseira "Rock and roll en la plaza del pueblo", un medley de Tequila ("Necesito un trago", "Mr. Jones"..), "Vicios caros", "Vals de los recuerdos", "Dulce condena", "Baile de ilusiones". Xa nos bises unha divertida "Adiós, mundo cruel" interpretada por el so á guitarra, unha magnífica "Debajo del puente", a "Quiero besarte", que provocou a apoteose, e "40 millones".
Os músicos (os omnipresentes e sempre atinados Luca Frasca e Toni Jurado acompañados por Marc Hernández ao baixo) estaban cómodos e iso, aínda que soe a tópico, nótase e agradécese. Ademais, para facer máis máxica a actuación, Ariel Rot recoñeceu que fechaba unha etapa. Esa que comezaba no 1998 coa xira de "Hablando solo", o seu regreso á "individualidade" tras Los Rodríguez. Agora chega a reunión dos Tequila vivos e despois xa veremos, porque o panorama do rock and roll en castelán non pode prescindir de exemplos como o Ariel Rot.

Pepe Cunha, a 2 de xuño de 2008
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home