segunda-feira, outubro 20, 2008

JOSELE SANTIAGO abriu o ciclo VerBoRock na sala Capitol de Santiago.

Ás veces penso que os técnicos de son están un pouco xordos, pois o volume estaba ben alto nos primeiros temas. Así, os detalles de guitarra molestaban, mais, non chegaban a agachar unha voz que se entendía case perfectamente. Porén, a calidade da sala e do trío que acompaña a Josele está por riba destas cousas.
Con tres cuartos de entrada e o retraso de rigor (a puntualidade segue as ser unha rara avis), Josele fixo a súa aparición mermado fisicamente, axudado dun caxato. Afortunadamente, na voz si que se amousou en forma.
Ademais desta coxeira, tamén chamou a atención a ausencia do pianista, ao que “perderon polo camiño”. Polo apreciable nos 2 álbumes en solitario e nas cancións que presentaba, o concerto tería pasado de correcto a bo.
En pouco máis dunha hora de concerto deu un bo repaso á súa discografía en solitario, desde “Ole Papa”, “Mi prima y sus pinceles” até “Vuelo” ou “Loco encontrao”, pasando por “Pensando no se llega a ná”, “Baile de los peces” ou “Farol”.
Entón chegaron 2 bises, onde el só coa acústica lembrou a época enemiga con “En el jergón” e “la música negra del siglo pasado” co “Walking the Dog” de Rufus Thomas.
O mellor é que o Josele segue a ser o Josele, regalando boas cancións e amosando esa naturalidade marca de casa, como se dun ensaio con público se tratase. Mesmo lembrou con acenos eses momentos nos que o piano sería o protagonista e parou unha canción para volver comezala.

O peor: a ausencia do pianista e un público falangueiro de máis, canda menos quen estaban tras a mesa de son, onde case nunca prestaban o mínimo de respecto esixible.
Dende logo dan ganas de seguir asitindo ao ciclo e de facerse co ultimo disco de JOSELE.
Este venres estará o dúo CHRISTINA ROSENVINGE & NACHO VEGAS. As outras 2 datas serán LAPIDO o sábado 1 de novembro e SR. CHINARRO o venres 7. Por certo, aínda compensa facerse co bono de 35 € para todo o ciclo.

Pepe Cunha (20-10-08)

1 Comments:

Blogger leandro said...

parabens polo blog!
mui interesante!!
saude!!

5:45 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home