terça-feira, maio 12, 2009

adeus, don Antonio Vega

Hai noticias que aínda que se vén vir, afectan. Calquera que tivese visto a Antonio Vega nestes últimos anos era consciente do seu precario estado de saúde, cuns 51 anos moi machacados. Aínda máis, recentemente soubemos que suspendera concertos e que andaba ingresado por unha neumonía. Finalmente, esta mañá de martes soubemos que foi un cancro de pulmón o que rematou coa súa vida.


Lembro a Nacha Pop desde que comecei escoller a música que quería escoitar, e “Chica de ayer” semella eterna, un dos himnos que abría unha época gloriosa do pop español. Ignoro cantas veces a escoitei e cantas máis a volverei escoltar, pois é desas cancións imbatibles, que apenas sofren erosión malia o abuso das radiofórmulas e os habituais limitados criterios de elección.


Porén, négome á etiqueta de morreu o de “Chica de ayer”, incluída no magnífico primeiro disco da banda que o deu a coñecer no cambio dos 70 aos 80. Tanto cos Nacha como en solitario, cancións coma "Lucha de gigantes", "El sitio de mi recreo", "Desordenada habitación", "Una décima de segundo", "Se dejaba llevar por ti", “Lo que tú y yo sabemos", "Tesoros", "No me iré mañana", "Océano de sol", "Cada uno su razón" ... fano un dos máis grandes compositores do pop feito en español e un referente para moitos.


O de Antonio Vega é un nome que sempre está aí, á marxe de modas, desas das que pasan as cancións verdadeiramente boas. Coma acontece cos grandes, podes pasar un tempo sen escoitalo, mais sempre que o recuperas saes reforzado na túa opinión sobre el.


Descanse en paz, don Antonio Vega, un emocinante compositor de fermosas cancións pop


(foto de Thomas Canet)

Etiquetas:

2 Comments:

Anonymous Esther said...

que bonito o que escribes...

12:59 da tarde  
Blogger ábrete de orellas said...

grazas, pero as bonitas eran as músicas e as letras do artista

2:06 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home