sexta-feira, dezembro 11, 2009

Ábrete de orellas no Telexornal Serán

Hoxe venres 11 de decembro emitiuse a primeira colaboración de Ábrete de orellas no apartado de ocio do Telexornal Serán.

Elixín o lanzamento e presentación ao vivo de "Cuarta potencia", o segundo longa duración de The Homens. Uns apuntamentos e a gravar isto:

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Unha mágoa esta gravación "in extremis" dos meus comentarios, pois dous días fixéramos unha máis lucida na tenda de roupa "Mondo Lirondo" de Ferrol. Desgraciadamente, non se correspondía coas expectativas de edición. Riscos da primeira achega.

Nun mes, espero que a segunda.