Neil Hannon (The Divine Comedy), elegancia e simpatía pop na Sala Capitol (26-marzo- 2011)
Se por algo se caracteriza The Divine Comedy é por tratarse dunha banda de pop orquestral, con coidada produción, arranxos e variada instrumentación. Así o demostran os seus discos e os directos, como vimos no Festival do Norte de hai xa uns anos. Porén, teñen outro incuestionable punto forte: o carisma e a calidade compositiva e interpretativa do seu líder Neil Hannon. E isto quedou constatado o sábado no seu concerto en solitario na Sala Capitol de Compostela.
Existían dúbidas pola resposta do público a esta cita debido ao prezo das entradas e o anuncio "Neil Hannon solo"; é dicir, o norirlandés en solitario adaptando as súas pezas suntuosamente gravadas ao formato de voz e piano ou guitarra. Estamos en tempos de crise e probablemente só con axuda de potentes patrocinios (neste caso a programación Heineken Music Selector) e unha entrada de 18-22 € poden traerse artistas deste prestixio. Finalmente, a sala presentou unha estupenda entrada sen chegar ao cheo e o público non saiu en absoluto defraudado.
Neil Hannon non gardou municións de peso para momentos de distracción do público e arrancou xa con "Tonight We Fly" e unha peza do seu último disco adicada aos veciños portugueses por mor da actualidade económica: "The Complete Banker". Xa desde estes comezos comezou unha simpática e relaxada interacción co público. Iso si, sempre con mesura, sen abusar e limitándose a pequenos comentarios e algunha resposta, como cando adulado por alguén contestou que el non sabía amañar a neveira ou outras cousas prácticas, senón "só" facer catchy tunes. E non quedaría lugar a dúbida.
Guiado pola listaxe de cancións no piano, foi recuperando con naturalidade clásicos da súa banda ("A Woman of the World" acompañada con asubíos, "My Imaginary Friend", "Perfect Lovesong"...) e outras pezas do salientable "Bang Goes the Knighthood", como a peza homónima e as animadas e ben recibidas "I Like" ou "At The Indie Disco", coreada e acompañada ás palmas polo público. No momento versión ("Everybody Knows") non faltou tampouco o comentario xusto e atinado, pois louvou as magníficas cancións do álbum "I'm Your Man" de Leonard Cohen malia as chiantes producións daqueles anos.
Ademais das citadas interpretacións e eses sorrisos cómplices arrincados tanto nos lenes acenos teatrais nas letras coma nos erros nalgunha nota, a case hora e media de concerto incluiu momentos para gardar na memoria: coma primeiro bis unha exquisita "A Lady of a Certain Age" á guitarra, ou a tan encantadora como complicada "Our Mutual Friend", que sacou adiante grazas a algunha broma e un chisco máis de concentración nas teclas.
Sabiamos que Neil Hannon tiña grandes cancións pop e que coa súa banda fai grandes concertos. Agora confirmamos que sabe defendelas en solitario con calidade e elegante simpatía. Todo un clásico contemporáneo.

Pepe Cunha, 28-marzo-2011
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home