Cantos na Maré 2010, comuñón de festa e compromiso
Existe un feixe de frases ás que recorremos tan acotío que acaban por ser utilizadas con demasiada lixeireza, perdendo parte da súa expresividade orixinal. Unha delas vénme que nin pintada para falar do festival Cantos na Maré, pois este proxecto é un espello da personalidade dunha artista coma Uxía Senlle. Ela, sen dúbida, "é a alma" do festival da lusofonía porque -coma ben apuntaría Guadi Galego- non coñezo outra artista tan implicada coa lusofonía. Uxía é o Cantos na Maré son sinónimo de festa e compromiso, coa diversidade cultural e artística, coa lingua e coa humanidade das persoas, neste caso os artistas.
Só cunha directora artística así se pode entender un novo éxito nesta oitava edición, pois ela é quen de rodearse da xente axeitada, tanto músicos como profesionais da produción, e involucralos na causa contaxiándoos do seu entusiasmo e afabilidade. Porque este non é un festival ao uso, no sentido máis frío do que entendemos por "negocio musical". Aquí non se contrata un artista para que veña cos seus músicos a tocar, como é habitual. Durante as dúas horas de espectáculo hai unha banda común preparada para a ocasión e un repertorio formado por temas de cada artista cantados en solitario ou en duetos. Así, hai moito máis do que o público ve, pois a presuposta calidade artística e profesionalidade vén incrementada cun plus de implicación, respecto e humildade. Para o director musical Paolo Borges e a banda significa un traballo extra de semanas e, para todos, uns días de ensaio común e convivencia. Finalmente, todo pagou a pena e a química resultante volveuse transmitir desde o escenario cara as ateigadas bancadas do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Tras esta introdución necesaria, cómpre unha crítica pola falta de puntualidade, esta vez case de media hora. Afortunadamente, é talvez o único aspecto mellorable do espectáculo. Así, case ás 10 da noite, a propia Uxía abriu coa peza homónima da cita "Cantos na maré" e este ano nese primeiro dueto fíxoo acompañada pola angolana Aline Frazao. Simbolicamente podería entenderse como a artista consagrada presentando á promesa, mais esta abraiou cuns 22 anos que máis parecían de carreira que de idade. Esta moza residente en Madrid amósase coma unha esponxa musical, inspirada en ritmos de Angola e Luanda pero enchoupada dos máis diversos estilos. Antes de fusionar dúas pezas do seu país, abriu con "Babel" e homenaxeou a Carvalho Calero (ao que cualificou de "grande home da lusofonía, grande galego") a ritmo de samba jazz con "Maria Silenzio". Dentro da súa actuación brillou especialmente o solo de trombón dun Santos que tamén bailou coa angolana.
O tamén guitarrista e vocalista, o portugués António Zambujo colleu o relevo sentándose para deleitarnos con dúas pezas do seu último álbum: a "Guia" que o titula e o "Fado da vida bela". Unha voz simplemente engaiolante. Tras referirse gratamente aos dous días de convivencia, presenta a unha artista que vén de coñecer e que ademais está na casa, en Galiza: Guadi Galego.
A ex de Berrogüetto e partícipe de Nordestin@s e Espido comezou algo excesiva, talvez sacrificando inconscientemente a naturalidade por mor das ganas de agradar e demostrar a súa valía. Mellorando sobre a marcha, ofreceu dous temas de Espido ("Se ti queres", Santa muller") e un do seu debut en solitario "Benzón" que soou realmente ben coa banda: "Norte do alén".
Seu foi o honor de presentar ao artista máis agardado a noite: Lenine. Era complexo "eludir" que nesta edición había un artista que brillaba por riba dos demais e, non obstante, resultou un compañeiro e profesional máis. O "nordestino do Brazil" rezumou humanidade polos catro costados e así comezou compartindo coa Guadi e media banda a recollida "A medida da paixao". Xa en solitario confesouse honrado de ser comprendido cando fala e en só dúas pezas confirmou os seus extremos artísticos coa melancólica "É o que me interessa" e a vitalista "Jack soul brasileiro". Nesta última, incluído un chisco final ao clásico "País tropical", a banda chegou a un dos seus momentos rebordantes de enerxía.
Entre as dúas pezas, Lenine non puido deixar de reivindicar o papel de Uxía e o poder da Música compartida nestes días de convivencia na preparación do festival. Unha convivencia que se plasma especialmente nun dos puntos fortes e característicos do festival: os duetos. Así, o veterán chamou ao palco a "novata" Aline Frazao para acompañala na peza dela "Primeiro mundo".
O festival transcorría con ritmo, sen necesidade de cambios grandes sobre as táboas e coas presentacións dos músicos ben espalladas ao longo do espectáculo. Nese momento volve António Zambujo e fai coa banda un swing de "Readers Digest", outra das pezas salientables do seu recomendabilísimo "Guia".
Inmediatamente volve Uxía para homenaxear, acompañada por Guadi Galego, a Uxío Novoneyra neste seu ano cuns alalás encadeados. Os momentos duros para a nosa lingua prestábanse para a reivindicación enfatizada nesas liñas que din "Galicia non te puideron calar e ben que o tentaron.
Tamén lembrou Uxía a morte doutro escritor e pensador querido que nos deixou máis recentemente e do cal musicou un poema. Acompañada por Lenine interpretou "Science Fiction".
Ao brasileiro só lle faltaba un dueto con outro dos artistas deste Cantos na Maré e así acompañou a António Zambujo con outra peza do seu álbum "Guia": "A deusa da minha rua". Seguiu no escenario porque quería ofrecer unha peza nova, mais comezada a escribir cando na súa anterior visita a Galicia. Daquela coincidiu coa catástrofe do Prestige e "a cagada que foi" inspirou "A mancha". Tras ela, e para rematar a parte inicial e máis longa do concerto, Lenine acompañouse nos coros de todos os artistas nas voces, así como do público entregado, en "A Ponte".
Entón era o momento dos bises e as dúas primeiras pezas foron impresionantes, emocionantes, sentidas, grazas a Uxía cun "Alalá das Mariñas" a capella e deseguido acompañando ao António Zambujo en "Modas alentejanas", propias da rexión deste. Mentres seguían sos con aquelo de "quero cantar coma a rola, coma a rola ninguén canta" entraron Aline Frazao, Guadi Galego e Lenine para poñer ao emocionado público en pé. Despois daquelo só se podia rematar cun "Cantos na Maré" comunal. As facianas dos artistas e o público falaban por si soas.
Até ultimísima hora non se saberá quen virá no 2011, pero calquera que teña asisitido a un Cantos na Maré confiará cegamente en Uxía. O seu compromiso coa arte, viaxando, descubrindo e compartindo talentos e experiencias derivadas do seu contacto coas culturas de fala lusófona fana a inmellorable anfitrioa dos artistas que podan e querian achegarse a Galiza.

Pepe Cunha 22-decembro-2010
dirección artística Uxía
dirección musical Paulo Borges
Banda base: Paulo Borges, Azores–Portugal (piano)

Xacobe Martínez Antelo, Galiza (contrabaixo)
Quiné, Portugal (batería e percusión)
Rubén Santos, Portugal (trombón)
Sérgio Tannus, Brasil (guitarra e cavaquinho)

máis fotos do espectáculo en http://www.facebook.com/abretedeorellas
audio da retransmisión de Radio3: http://www.rtve.es/mediateca/audios/20101218/cantos-na-mare-8-edicioncronica-galicia/968926.shtml

Etiquetas: abretedeorellas, aline frazao, antonio zambujo, cantos na maré, cantos na mare 2010, guadi galego, lenine, uxía
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home