Hindi Zahra no Sons da Diversidade, 16 de abril de 2011
Como adoita acontecernos cos nomes menos recoñecibles da programación do Sons da Diversidade, non tardamos en sentir curiosidade pola proposta de Hindi Zahra. O seu único álbum soaba realmente ben e logo apuntamos a cita na nosa axenda. Isto fora a finais do ano pasado, pero co paso dos meses e o recente premio Victoires de la Musique na categoría de "world-music" as expectativas iniciais foron a máis.
Porén, a data terminou por coincidir cun futboleiro Real Madrid-Barça e un concerto internacional na mesma Compostela, co resultado de algo máis de media entrada e menos variedade na audiencia. Xeneralizando, maioría feminina e de mediana idade no Auditorio de Galicia. Seica aos homes lles prestaba máis ver o fútbol na súa totalidade e ao público máis novo e impresionable o roqueiro mediático Pete Doherty.
Precisamente do mundo do rock vén un dos nomes cos que a crítica compara á franco-marroquí: Patti Smith. O outro nome sería nada menos que Billie Holiday. Xa ven, dúas figuras carismáticas coma poucas e palabras maiores que perigan con caer na hipérbole. Desgraciadamente, no Auditorio de Galicia vimos que a crítica especializada anda impresionable ou con fame de novas estrelas que descubrir e encumiar.
Hindi Zahra confirmou a súa enfeitizante e fermosa voz, mais tamén que só ten un disco no mercado, que aínda ten camiño por diante para afondar nunha persoal plasmación das súas influencias (jazz, blues, soul, rock, música oriental, africana...) e que precisa de máis bagaxe nos palcos para estar á altura das mencionadas comparacións. Podemos falar dun descubrimento para quen foron guiadas pola curiosidade e unha pequena decepción para quen nos fixeramos grandes expectativas.
Comezou o concerto con pezas como "At The Same Time", "Oursoul" ou "Beautiful Tango", creando unha atmosfera relaxada, suave, repetitiva e cunha instrumentación tranquila (banjo e guitarra acústica como protagonistas) a pesar de contar con dous percusionistas. Afortunadamente, chegou unha peza inflexión no concerto: "Set Me Free", que convenceu a xeito de rock berber cunhas pingas de psicodelia e un traballo algo máis rico en guitarras, entrando en acción a eléctrica, aumentando a presencia dos coros, un chisco de palmas ou as mencionadas percusións. "Stand Up" foi unha das pezas que achega forza ao vivo e a banda ben que se encargou de estendela a base de trucos para "atrapar" ao público como a intro de guitarra precedendo aos versos "Stand up on your two feet, baby. That's how it's got to be.
Xa daquela comezara a adoptar unha actitude máis falangueira para lle comentar ao público que aínda non vira esta cidade que tan fermosa lle dixeran que era pois pasara o día no hospital. E foi precisamente nestes detalles onde amosou a súa falla de táboas, pois resultou decepcionante a súa mención ao "clásico" futbolero que se disputaba esa noite ao sinalar que era a good time to finish (cando non fixera nin unha hora de concerto!).
Nos bises, amosou de novo o bo e o menos bo. Volveu pecar de inxenuidade ao mencionar unha peza que fai nesta xira, pero da que non trouxera a letra; mais tamén nos cativou coa súa voz acompañado minimamente á guitarra eléctrica por ela mesma. Por se quedaban dúbidas da forza comunciativa da súa voz, regalounos "a capella" 2 versos dunha sinxela canción que lle aprenderan en Madrid. Si, soubo a pouco, e servidor quedou coas ganas da súa versión de "Waiting in Vain", pero agardamos constatar o seu máis ca probable crecemento nuns anos. Armas ten.

Pepe Cunha, 18-abril-2011
Etiquetas: abretedeorellas, Auditorio de Galicia, Hindi Zahra, pepe cunha, Sons da Diversidade
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home