sábado, janeiro 13, 2007

favoritos do 2006 en Ábrete de Orellas.com

Non ía ser menos que outras publicacións, programas ou webs, así que aquí van os 10 compactos que persoalmente escollo como meus favoritos do 2006 entre uns 70 recibidos no 2006 en Ábrete de orellas.com. Grazas a tod@s por contar coa miña opinión.

Dayna Kurtz "Another Black Feather" (Munich-Dock)
The Essex Green "Cannibal Sea" (Mushroom Pillow)
Josele Santiago "Garabatos" (EMI-Virgin)
Doctor Divago "Revuelta elemental" (Samiel Ediciones)
Kris Kristofferson "This Old Road" (New West-Dock)
Niño y pistola "Como un maldito guisante" (Mulberry Records)
Biscuit "Time For Answers" (Rock Indiana)
Euro-Trash Girl "Kiss Away the Rain" (Zebra Records)
Jorge Drexler "12 segundos de oscuridad" (DRO)
Susana Baca "Travesías" (LuakaBop-Sinnamon)

Tamén cabe mencionar compilación (Hall of Fame 1993-2005, XII años fuera de juego), tributo (Do It Again: A Tribute to Pet Sounds), directos (Quique González "Ajuste de cuentas" e Donna Hightower "En el Vía Jazz 2006") e repasos de carreira (Hefner "The Best of" e Mercedes Ferrer "Intermedio")



pódese acceder a todas as reseñas feitas no seu momento en: www.abretedeorellas.com/arquivo.htm

quinta-feira, janeiro 04, 2007

mini pinchada na primeira festa do ano

O de pinchar en fin de ano remóntase moi atrás no tempo, coas primeiras e sempre exitosas festas que argallaba coa miña pandilla de entón (Choni, Scottie, Muras, Gomi, Espi, Manzano, o lembrado Manolo Ouro, compañeiros baloncestistas..). Chegamos a meter case 200 persoas no pub El Otro, que nos acolleu en varias ocasións. Daquela o proceso era preparar unha selección previa e gravala en K7s na casa, agardando que coincidira o estado de "excitación" d@s asistentes co in crescendo das cancións. Xa sabedes, estas para primeira hora, estas cando xa se empeza a rachar o xeo, estas de desfase, ... Toda unha ciencia de cálculo.

A segunda etapa foi o meu debut no Dadá Circus invitado polo daquela pincha Suso Suciedade, que non aparecería ata as 5 ou 6, coa festa ben avanzada. Levei un maletín cheo de CDs, deixamos ben claro que se pode montar unha boa sen caer no cutre e Álvaro ofreceume quedar no pub coma o que chaman "DJ residente". Así foi, poñendo taén copas, máis de medio ano, ata que me reclutaron Gabi e Ernesto coincidindo coa apertura do Ghetto e
para substituir as ausencias de Edu "Fuckink Brother" Hermida. O pub estaba no seu mellor momento e foi unha xolda tremenda, ambientada por Edu e eu turnándonos na cabina. Gran noite !

Nos dous anos seguintes coincidíu que estaba a traballar bastante por esas datas e non pinchei, mais a semana pasada aceptei encantado a invitación de Melo (guitarra de Misquious e vello compañeiro de anos de ensino obrigatorio) para a festa no seu "centro de operacións". Esa tarde do 31 fixen unha rápida pescuda pola miña discoteca, metina nun par de Cds e lembrei non tan vellos tempos cunha horiña de música bailable-festeira sen esquecer esa calidade da que o selecto público era merecedor. Para os que preguntaron por algunha e os curiosos, aquí vai a lista desordenada, da que algunha se me escapará. E un saúdo para o que me pediu os Flaming Lips, dos que gosta moito, pero non os levaba :

The Hollies ("Long Cool Woman"), The Artic Monkeys ("Fake Tales of San Francisco"), Morcheeba ("Be Yourself"), La Lupe "Fevr"), The Doors ("You Make Me Real"), Radio 4 ("Dance to the Underground"), The Detroit Cobras ("Cha Cha Twist"), Los Bravos ("Bring a Little Lovin´"), Moby ("Honey"), Los Yakis ("Juan Saltarín"), Miguel Ángel y los Sharps ("Gloria"), The Stone Roses ("She Bangs the Drums"), Dexys Midnight Runners ("Come On Eileen"), Pretenders ("Middle of the Road"), Flechazos ("Si tú te vas"), Attaque 77 ("¿Por qué te vas?"), Banda espuela de oro ("Dame el power"), The Coral ("Dreaming of You"), The Stooges ("No Fun"), The Jam ("Heatwave") ...

Para ilustrar, colgo o vídeo dunha delas.




Non sei se neste 2007 retomarei o de facer pinchadas por pasalo ben compartindo música, facendo colegas (e algún inimigo, supoño) e pagando os gastos. Como mínimo.

O primeiro vai ser aceptar a invitación de Artábria para o venres 12. A selección non se parecerá moito a que vides de ler, pero... penso que valerá a pena.

quarta-feira, janeiro 03, 2007

Johnny Cash: The Man In Black



Well, you wonder why I always dress in black,
Why you never see bright colors on my back,
And why does my appearance seem to have a somber tone.
Well, there's a reason for the things that I have on.

I wear the black for the poor and the beaten down,
Livin' in the hopeless, hungry side of town,
I wear it for the prisoner who has long paid for his crime,
But is there because he's a victim of the times.

I wear the black for those who never read,
Or listened to the words that Jesus said,
About the road to happiness through love and charity,
Why, you'd think He's talking straight to you and me.

Well, we're doin' mighty fine, I do suppose,
In our streak of lightnin' cars and fancy clothes,
But just so we're reminded of the ones who are held back,
Up front there ought 'a be a Man In Black.

I wear it for the sick and lonely old,
For the reckless ones whose bad trip left them cold,
I wear the black in mournin' for the lives that could have been,
Each week we lose a hundred fine young men.

And, I wear it for the thousands who have died,
Believen' that the Lord was on their side,
I wear it for another hundred thousand who have died,
Believen' that we all were on their side.

Well, there's things that never will be right I know,
And things need changin' everywhere you go,
But 'til we start to make a move to make a few things right,
You'll never see me wear a suit of white.

Ah, I'd love to wear a rainbow every day,
And tell the world that everything's OK,
But I'll try to carry off a little darkness on my back,
'Till things are brighter, I'm the Man In Black.

terça-feira, janeiro 02, 2007

Lapido: “Mis letras iluminan ciertos callejones vitales poco transitados”



Enviada e publicada no Nordesía de Diario de Ferrol en decembro de 2005 e baixo o pseudónimo de Mr. Deibis

Calquera referencia ás cancións de José Ignacio Lapido adoita ir acompañada de comentarios coma “mistura de poesía e electricidade” ou “rock de ollada poética”. E non por manidos deixan en ningún momento de ser atinados.

Tanto ao fronte dos granadinos 091, a banda coa que se deu a coñecer, coma na súa actual traxectoria en solitario, Lapido goza do recoñecemento fiel dun bo número de seguidores e de gran parte da crítica e compañeiros de profesión. Desde logo, non é nada frecuente que unha banda nacional tan recente (os seus discos sitúanse entre 1984 e 1996) conte xa con dous discos de homenaxe, especialmente se están feitos con honestidade e verdadeiro aprecio, en troques do oportunismo que adoita ser habitual. Ademais, non podemos deixar de mencionar que, case de puro colegueo, o productor de “Más de cien lobos” (Zafiro, ´88) foi Joe Strummer, un dos líderes de The Clash, referentes para 091 xunto a The Who, The Kinks, Dr.Feelgood, Graham Parker, Beatles ou The Jam e o rock and roll e blues en xeral.

Durante máis de dez anos, a banda granadina ofreceu estupendas cancións (“En la calle”, “La noche que la luna salió tarde”, “Debajo de las piedras”, “Zapatos de piel de caimán”, “Huellas”…), por non citar as incluídas en álbumes imprescindibles no pop rock español a cabalo entre os 80 e os 90, coma “Doce canciones sin piedad” (Zafiro, ´89) ou “Tormentas imaginarias” (Polygram, ´93). Sen embargo, e en gran medida debido á súa mala sorte coas discográficas, nunca tiveron a grande repercusión comercial que puideran atisbar ao editaren sinxelos coma “Escenas de guerra”, “La torre de la vela”, “Qué fue del siglo XX” ou “La vida qué mala es”. Lapido teno claro: “Un grupo como nosotros, con las letras que cantábamos, haciendo el rock que hacíamos era casi imposible que triunfara en un país tan jodidamente hortera como España” (Efe Eme, abril do 2002).

Tres anos despois da disolución e a edición do dobre álbum en directo gravado en Granada, “Último concierto” (Big Bang ´96), José Ignacio Lapido estreouse en solitario con “Ladridos del perro mágico” (Big Bang, ´99). Desde o principio desta segunda etapa tivo ben claro que el mesmo había controlar todo o tema artístico: composición, interpretación e producción, chegando agora máis lonxe: para editar o seu terceiro álbum en solitario (non contamos o mini “Luz de ciudades en llamas”) decidiu crear Pentatonia Records. A desaparición do selo granadino Big Bang e a falla de interés das discográficas que recibiron a súa maqueta, fixérono optar polo camiño da autoedición, coma, con cadanseus matices, por Kiko Veneno, Ojos de Brujo, Miguel Ángel Villanueva ou Quique González.

Referíndonos xa ao novo “En otro tiempo, en otro lugar” podemos falar de que coma vocalista cada vez se desenvolve mellor (lembremos que o estupendo vocalista de 091 era o seu curmán José Antonio). El mesmo confesa nunca entrevista para a web Abretedeorellas.com: Me siento más cómodo haciendo solos de guitarra, pero me lo planteé como un reto. Creo que mis canciones suenan más reales cuando las canto yo. En este disco he puesto mucho empeño en que la voz sonara natural y a la vez con intensidad emocional. Eso es algo que no se consigue con gorgoritos ni con exhibiciones gratuitas de potencia vocal.”

Se aceptas a miña suxerencia de achegarte a Lapido, non atoparás novidades sonoras ou artificios sorprendentes, senón melodías claras e estructuras clásicas, como admite na mesma entrevista:La verdad es que no escucho nada que no sea eso: rock y blues. Algo de jazz y algo de reggae”. As 12 cancións que compoñen esta última entrega afiánzanse coas escoitas e as diferentes reseñas en prensa especializada non coinciden nas cadansúas favoritas pero si en destacar o bo nivel xeral. Trátase dun álbum que se debe ir desgranando para maior disfrute do ouvinte, cunha oferta que inclúe cancións máis pop, máis redondas coma “No digas que no te avisé” ou “La antesala del dolor”, atinados fraseos de guitarra, piano ou órgano, os medios tempos especialidade do artista, a fermosa lentitude de “Con la lluvia del atardecer” e o desamor de “Por sus heridas”, as guitarras fortes, de rock clásico sen fisuras de “Más difícil todavía”, o ar folk de “Escrito en la ley”….Chega por primeira vez a referirse a si mesmo na canción que titula o álbum: “Mientras Saturno devora a sus hijos, Lapido escribe otra canción que habla de flores y alambres de espino, de olvidos y superstición. De otro tiempo y otro lugar.”

Esas letras, eses coidados textos “marca da casa”, seguén a encaixar na definición que delas fixera Diego A. Manrique (imprescindible referente na prensa musical española) coma “canciones destiladas al final de la noche, cuando la lucidez es carga tan pesada como la soledad”. Se cadra, nesta última remesa rebaixe a densidade dos textos en beneficio dos retrousos, dando coma resultado un álbum algo máis pop, máis luminoso. Así, e tamén na mesma entrevista, deféndese fronte á etiqueta de escritor escuro: “Se me tacha injustamente de escritor oscuro. Creo que mis letras iluminan ciertos callejones vitales poco transitados, pero claro está, para poner una bombilla en una habitación oscura primero tienes que entrar en esa habitación y palpar a ciegas las paredes. Eso es lo que hago”..

Máis info desde a web do artista: www.joseignaciolapìdo.com

Discografía recomendada:

091 “1986-1991” (Zafiro-BMG, 1996). Dobre CD que inclúe catro álbumes: “Más de cien lobos”, “Debajo de las piedras”, “Doce canciones sin piedad” e “El baile de la desesperación”.

091 “Tormentas imaginarias” (Polygram´93)

Lapido “En otro tiempo en otro lugar” (Pentatonia Records´05)