quarta-feira, julho 26, 2006

Festival A Todo Filispín: mera coincidencia ?

Por terceiro verán consecutivo, e dentro do pobre programa de festas de verán de Ferrol, celébrase un festival chamado A Todo Filispín.
Un servidor, coma membro fundador do colectivo Opaíí!!-Rádio FilispiM non pode quedar calado ante o cartaz deste ano. Xa non pola denominación do mesmo, que tras tres edicións
non sería necesario voltar insistir en que o mencionado colectivo nada ten que ver coa organización deste festival.
Mais se non chegaba co nome, no cartaz deste ano empréganse o xogo do cores habitual do colectivo (vermello, negro e branco) e unha imaxe que lembra a outro local referente da movida nocturna non pachanguera da devaluada cidade departamental. Concretamente o Maltés.
En fin, que cadaquén pense o que queira, mais tanta coincidencia en troques da diferenciación resúltame, alomenos, sospeitosa.
Publicidade subliminal ?
Ah, e como se houbera moita oferta de concertos nestas datas, vai e coincide co festival da Terra e da Lingua da Fundaçom Artábria. Luita en troques de suma aínda que, en xeral, non sexan "para os mesmos gustos". A pesar de Los Coronas e Soul Tellers, eu estarei co colectivo da miña bisbarra.

terça-feira, julho 18, 2006

no Cultura Quente

Un ano máis fun ata Caldas de Reis. Non podía faltar Abrete de Orellas no Cultura Quente, aínda que só fose un día.
Este ano non coincidía con Ortigueira nin con Lalín, e probablemente iso notouse na influencia. Nun principio non son ofertas musicais para o mesmo público, mais cando se trata dun festival gratuito e con bo ambiente, bastante xente deixa a oferta musical nun segundo plano. Evidentemente non é o meu caso. O cartel do sábado era tremendamente atractivo, aínda que houbo decepcións. Por resumir do que vimos, que houbo que beber e papear fóra, dados os altos prezos dentro do recinto, empezamos por MEU, que estiveron tan ben como se esperaba deles. Sen dúbida son un grupo de directo, curtido en centos de batallas e ben aprendidos desa boa formación que dan diferentes proxectos, a escoita dos bos clásicos e acometeren versións destes. A que fixeron de "Psycho Killer" dos Talking Heads un dos momentos do festi.
ROBERT GORDON e CHRIS SPEDDING, a pesar dalgún exceso deste último coa guitarra, confirmaron que sempre presta traer un clásico que aporte o bo facer sobre as táboas para que a novidade ou a suposta última moda ou tendencia non desvíe a atención do que de verdade importa: facer ou recrear boas composicións. O "Someday, Someway" non soou, e un quedou con ganas de escoitala, pero
o "Fire" de Springsteen quedoulles magnífico con ese impresionante vozarrón que o Gordon conserva.
LOS CORONAS prestan máis en distancias máis curtas, pero soan impecables e son un seguro para calquera tipo de festival cos seus instrumentais máis ou menos surfeiros. O "Secret Agent Man" de P.F.Sloan bórdano. Recomendable achegarse a Ferrol para velos (o resto do programa de festas poucos atractivos ten) cos Soul Telleres o 29 de xullo.
Boa posta en escea de HEAVY TRASH, co Jon Spencer á fronte. Soaron ben, pero abusou do palique e algo de monotonía nas composicións. O contrabaixo e os tupés impecables.
O son dos LORI MEYERS estaba saturadísimo e non puideron convencer como fixeran no Playa hai uns meses. O seu bo traballo de pop en castelán herdeiro dos Brincos, por citar o exemplo máis obvio, non gañou novos adeptos.
MANDO DIAO tiñan a espiña da súa decepcionante, por curta e con retraso, actuación no Playa Club e procuraron convencer coa súa indudable enerxía de cancións pop guitarreiras con gancho situadas a medio camiño entre o indie e o mainstream. Empezaron co volume esaxeradamente alto (que puta manía !! ) pero tras dúas ou tres pezas soaron mellor.
Outra banda que pasara pola Coru, os BIG BOSS MAN viron para facer bailar e non lles costou nada. Son outro seguro para público desexoso de menearse, pois o seu híbrido de hammond, rhythm and blues dos 60, soul, latin e funk constitúe unha receita infalible cando está en boas mans.
E o que sería o broche final, a actuación con máis gancho do cartaz, escoitados os comentarios de moit@s asistentes, foi unha decepción. Agás os acérrimos da banda, que todo lles toleran con tal de telos en fronte, ou os bébedos facilmente dominables, o público quedou cunha
notable sensación de decepción. Inocentemente pensabamos que unha hora de revival da primeira formación de LOS ENEMIGOS, a dos tempos do "Ferpectamente", podería ser un bo fin de festa. Mais quedouse nalgo cutre e pouco profesional. Un aprecia demasiado a traxectoria da banda como para quedarse con esta imaxe de mal son, poucos ensaios e improvisación chapucera. Si, humanos, cercanos e simpáticos, pero musicalmente soaron peor do que daquela o facían.
O ano que vén de seguro voltarei a Caldas e confiaremos no plantel de grupos que traian. Hai tempo que gañaron a miña confianza aínda que fóra do musical (desde hai xa varias edicións cunha gran producción e organización) haxa que mellorar o tema da acampada e os prezos abusivos (3 € unha caña). Si, non cobran entrada, pero un apoiaría un bono simbólico (ata 10 € seguiría a ser barato para a calidade xeral dos grupos) e poderíase coidar máis
a zona de acampada e restrinxila para os que de verdade nos achegamos a disfrutar da música. Pero para profundizar nestes temas e suxestións xa está o foro da web do festi: www.culturaquente.com
.

quarta-feira, julho 05, 2006

programa de festas de verán de Ferrol

Isto é, un verán máis, unha vergoña !!!
Olla as actuacións do programa de festas de verán
2006 en Ferrol.
David Civera !, Raúl ! , Lucrecia, Los Limones, Gwendal, Norfolk, e Pablo Milanés (pagando 15 € !! ) e teñen a cara de recoñecer que gastan 300.000 € nas festas da cidade !!!
Xa estamos fart@s de ter que viaxar por Galicia para vermos un mínimo da oferta que aquí nos negan. Os cartos son de tod@s e cómpre ter isto en conta á hora de gastalos.
Non é necesario compararse con vilas máis grandes, pois ...
As Pontes ( Lamatumbá, Fundación Tony Manero, La Bottine Souriante,
Pal Keli (Ex-integrantes do grupo O'Funk'illo) e A Comisión de Festas das Pontes e a empresa Arriva chegaron a un acordo para fletar autobuses dende Ferrol, Pontedeume e A Coruña para acudir a dous concertos das patronais das Pontes. ..),
Cedeira (Ariel Rot, Pereza, Lori Meyers...), ou
Viveiro (Kiko Veneno, Kepa Junkera, Antonio Vega, Comando 9 mm, Sidonie, Deluxe...) xa programan con máis variedade e mellor gusto.

ferrol segue a ser referente nunha hipotética listaxe das peores festas de Galicia e ninguén se achega á cidade por mor de ningún concerto.
Señor Couce Fraguela (e a produtora que contratan): con 50 millóns das antigas pesetas pódense facer marabillas, mais con un chisco de imaxinación, sensibilidade e RESPECTO.

domingo, julho 02, 2006

Pepe Cunha no programa Extrarradio

Neste climatoloxicamente tristón primeiro domingo de xullo estiven coma picadiscos invitado no Extrarradio da Radio Galega (mañás-mediodías dos sábados e domingos).
Alí coincidín cos meus admirados MOFA e BEFA, o que deixou menos tempo para comentar e escoitar ascancións previstas. Ao final só puideron ser catro:

VAN MORRISON "Wild Night"
o León de Belfast é un dos meus favoritos e "Moondance" (1970) un álbum imprescindible. Esta canción, estupenda banda sonora para antes de sair de troula, abre "Tupelo Honey"(1971), disco máis ben frouxo a pesar de contar coa marabillosa banda de acompañamento que se despidiría no recomendabilísimo dobre álbum en directo "It´s Too Late... To Stop Now" (1973).

OTIS REDDING
"Satisfaction"
flípanme moitos cantantes soul coma James Brown, Sam Cooke, Wilson Pickett, Aretha Franklin, Solomon Burke, Ray Charles.. pero polo gran Otis sinto unha especial debilidade. No fermoso álbum "Otis Blue"(1965) faise dono do clásico dos Rolling Stones co imprescindible acompañamiento da gran banda Booker T. Jones & the MGs (Steve Cropper, Donald "Duck" Dunn...). Quen no baila é que está mort@.

LOS FABULOSOS CADILLACS
"Desapariciones"
O combo referente da corrente do rock latino emocióname especialmente nesta imbatible versión do panameño Rubén Blades, sen dúbida autor de moitos dos mellores textos ("Pedro Navaja", "Plástico", "Ligia Elena"...) non só da música chamada salsa senón da música en castelán. O drama dos desaparecidos en América Latina cantado pola sentida voz de Vicentico e o potente son dos ventos de Albareda e Rotman. Os mellores Cadillacs están neste álbum "El león"(1992) que tamén inclúe "Manuel Santillán el león", "Carnaval toda la vida", "Venganza", "Gallo rojo" e "Gitana" con Flaco Jiménez... Unha auténtica viaxe sonora polo Cono Sur e o Caribe a ritmo de reggae, ska, pop, bolero, cumbia, batucada... Aínda non o tes ?

THE KINKS
"Come Dancing"
Vin o vídeo clip desta canción cando tiña uns 12 anos e enganchoume a historia, a teatralidade e o carisma do líder da banda, esa homenaxe musical ás bandas das festas populares, a lembranza de bos momentos... Ávido de obter máis material da banda me lanceime de inmediato a por máis material desta banda, encomezando por unha primeira recopilación en K7 de grandes cancións que editaron nos 60 ("You Really Got Me", "Waterloo Sunset", "Days", "Lola", "Sunny Afternoon"... ). Desde ese mesmo momento Ray Davies e os Kinks pasaron ser a miña banda de cabeceira, aquela da que me gusta practicamente todo. Un referente das cancións pop "redondas" Ray Davies probablemente o máis grande cronista do cotiá nesta nosa sociedade occidental.

e quedaron para outra ocasión (?) ...

JUNE CARTER CASH E JOHNNY CASH "It Ain´t Me, Babe"
Entre as miñas favoritas cancións de Dylan, moitísimas, esta gústame especialmente. E máis interpretada en versión country pola irresistible voz de este monstro da música popular a dúo coa súa señora.

You say you're lookin' for someone / Never weak but always strong, / To protect you an' defend you / Whether you are right or wrong, / Someone to open each and every door, [...]

You say you're lookin' for someone / Who will promise never to part, / Someone to close his eyes for you, / Someone to close his heart, / Someone who will die for you an' more
[...]

You say you're looking for someone / Who'll pick you up each time you fall, / To gather flowers constantly / An' to come each time you call, / A lover for your life an' nothing more, / But it ain't me, babe, / No, no, no, it ain't me, babe, / It ain't me you're lookin' for, babe.



GILBERTO GIL "Vamos fugir"
Un dos grandes da música brasileira invitándonos a fuxir a través con este fermoso reggae gravado no "Raça humana" (1984) cos Wailers do seu admirado Bob Marley. Gústame o reggae desde cativo, froito da escoita dos discos de Marley e compilacións doutros artistas que mercaba a miña nai.

Vamos fugir / Pra outro lugar, baby / Vamos fugir / Pra onde quer que você vá / Que você me carregue
Pois diga que irá, / Irajá, Irajá / Pra onde eu só veja você, / Você veja-me só / Marajó, Marajó
Qualquer outro lugar comum / Outro lugar qualquer / Guaporé, Guaporé
Qualquer outro lugar ao sol, / Outro lugar ao sul, / Céu azul, céu azul / Onde haja só meu corpo nu / Junto ao seu corpo nu
Vamos fugir / Pra outro lugar, baby / /amos fugir / Para onde haja um tobogã / Onde a gente escorregue
Pois diga que irá, / Irajá, Irajá / Pra onde eu só veja você, / Você veja-me só / Marajó, Marajó
Qualquer outro lugar comum / Outro lugar qualquer / Guaporé, Guaporé / Qualquer outro lugar ao sol, / Outro lugar ao sul, / Céu azul, céu azul / Onde haja só meu corpo nu / Junto ao teu corpo nu

Novo blog Abrete de Orellas

Coincidindo cos novos deseño e imaxe da web Abrete de Orellas, inicio este blog que vén apoiar os contidos de dito portal. Aquí colgarei comentarios máis persoais sobre discos favoritos, concertos, cancións, festivais e o que vaia xurdindo.
Un saúdo a tod@s.