Quique González co piloto automático no Teatro Colón, 26-marzo-2010.
Desde o mesmo comezo, advertimos que aínda que a calidade do son era notable -como adoita acontecer no Teatro Colón-, a presencia da voz era maior da necesaria. Engadamos a iso que xa non se distingue por ser un gran cantante e que este venres non semellaba estar moi atinado. Así, coas carencias amplificadas, o concerto non pintaba todo o ben que cabería esperar. 
Volveu o momento relaxado coa versión de "Algo me aleja de ti" do gran José Ignacio Lapido interpretada por Quique ao piano. Entrou Jacob no contrabaixo e coas guitarras acústicas para tras certas dúbidas volver recuperar con "Anoche estuvo aquí" e especialmente unha entregada "Polvo en el aire". "Nadie podrá con nosotros" xa se confirma coma outro dos seus himnos, así como a versión de Diego Vasallo "La vida te lleva por caminos raros" que o público corea. Sóltanse en plano "western" con "Te lo dije" e rematan con "Restos de stock" e unha potente de seu "Hay partida" que careceu da intensidade da xira anterior.
Nos bises, e a petición de parte da audiencia, comezaron con "De haberlo sabido" só acompañado por Jacob. Para a magnífica "Riesgo y altura" xa estaba a banda completa e até o final soaron "Manhattan", "Su día libre", "La luna debajo del brazo" e dúas das infalibles: "Salitre" e "Miss camiseta mojada".Ante a gran insistencia do público, volveron para interpretar esa canción que ben podemos considerar punto de inflexión da súa carreira. Coa audiencia xa en pé, "Vidas cruzadas" resultou o momento de comuñón entre fans antig@s e máis recentes. Seguramente, @s primeir@s esperabamos máis, pero a currantes coma este se lles perdoa unha mala noite.
Etiquetas: a coruña, abretedeorellas, daiquiri blues, quique gonzalez capitol abretedeorellas, teatro colón




